Clases
“Aprender tenis de mesa desde cero é clave para desenvolver unha técnica sólida. En Arteal Tenis de Mesa guiámosche paso a paso para que constrúas unha base firme e mellores con confianza.”
Clases e Adestramento
O Club de Tenis de Mesa ofrece un espazo dedicado a fomentar a paixón por este deporte en todas as idades e niveis. As nosas clases están deseñadas para nenos e adultos, combinando técnica, estratexia e diversión, e son impartidas por adestradores altamente cualificados con ampla experiencia en competicións e ensino personalizado.
Clases para nenos:
- Para os máis pequenos, ofrecemos clases, onde aprenden coordinación, reflexos, traballo en equipo e disciplina de maneira lúdica e motivadora.
Clases para adultos:
- Para adultos, as clases están enfocadas en mellorar técnica, táctica e condición física, ademais de proporcionar un espazo social e recreativo.
Clases individuais:
- Ademais, contamos con clases individuais, que permiten unha aprendizaxe totalmente personalizada segundo as túas necesidades e obxectivos, desde iniciación ata preparación para competicións.
As Nosas Clases
Os Nosos Alumnos
Os Nosos Expertos Adestradores
Federico Otálvaro
Xogador colombiano da División de Honra de Arteal
Queres saber mais?
Opinións dos Nosos Alumnos
“Levo anos adestrándome no Arteal Tenis de Mesa, e cada clase é unha oportunidade para relacionarme cos meus compañeiros, incluídos os xogadores doutras categorías do Clube. Para min é unha motivación e mesmo un reto, porque aínda que os anos non pasan en balde, tecnicamente sigo aprendendo.
Os adestradores son estupendos, o ambiente é familiar e sempre se mellora técnica e tacticamente.”
“Empecei hai 4 anos e encantoume a experiencia por agora. O adestrador e adestradora son moi simpáticos. Gústame moito e espero seguir xogando.”
Local de xogo
Estadio Vero Boquete. San Lázaro s/n
Santiago de Compostela.
15703 A Coruña
Teléfono
(+34) 981 577 600
(+34) 636 478 145


